O NADAL CHEGA Á TRADESCOLA!!!
Luns, 17 Decembro 2012 18:12
O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!!
O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no
-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.
-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos
-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!!!!!!!
Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.
Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.
Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!!!!!!!!