Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Bases do concurso de baile Punta Tacón do programa Luar

Bases do concurso de baile Punta Tacón do programa Luar

Varios

 

Bases do concurso de baile Punta Tacón do programa Luar.

Dinámica do concurso. "Punta Tacón".



A ritmo de Muñeira.

 



30 segundos. A parella “A” fai unha coreografía con dous pasos de muñeira.


30 segundos. A "Animación" repite a coreografía da parella “A”.



30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto a parella "A" a coreografía da parella “A”.

 



30 segundos. A parella “B” saca coreografía de muñeira.



30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.



30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto a parella "B" a coreografía da parella “B”.

 


O concurso terá un formato de “liguilla” entre as parellas concursantes.

 



Cada parella concursante terá que facer varias intervencións  en diferentes días, posiblemente 1 intervención cada 6 semanas durante a duración do concurso.

 

  Cada concursante recibirá unha puntuación de parte do xurado.

 



O xurado estará composto por tres expertos do mundo do folclore. Montse Rivera, Javier Feijoo”Chisco”, Henrique Peón.

 



Os concursantes recibirán en concepto de colaboración 50 € cada un, máis os gastos de desprazamento.

 



O concurso terá un primeiro premio de 4000€ en metálico e un segundo premio de 2000€ en metálico.(suxeitos ás correspondente retencións de IRPF).

 

 


Poden presentarse parellas home/muller, Muller/muller, home/home, que cumpriran 16 anos.

 



Aclaración: A “Animación” trátase duns monecos que repiten a coreografía que fixo a parella concursante. Para iso, as parellas concursantes terán que facer a “captura de movemento” das coreografías.

Para facer a “captura de movemento” deberán preparar unha coreografía de cada estilo, muñeira e jota, e ir un día a grabar a un estudio de animación.

Previamente se lles proporcionará a música para crear as coreografías.

A coreografía deberá ter dous puntos (o punto deberá de repetirse ca outra perna, executándoo polo menos dúas veces), despois a composición é “libre”.

O día da grabación os gastos dos desprazamentos das parellas corren por conta do programa Luar.

O día da grabación da animación, pagaráselles a cada un dos compoñentes da parella 25€ en concepto de colaboración pola grabación.

 

 



Para participar manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chama ao teléfono 620 29 41 66.