Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / III Certame de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”

III Certame de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”

Concursos e Certames

Celebrouse o III Certame de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”, na Carballeira da Portela en Viascón, o sábado 22 de xullo. Este certame pretende manter e potenciar o “toque pechado”, unha xenuina dixitación que posibilita unha batería de adornos musicais, que enriquecen as pezas que de este xeito se intepretan.

Os participantes foron: Juanjo Fernández, Miguel Fraguas con Martiño Vázquez no tamboril, Pablo Devigo con Marcos Pérez, Alberto Coia con Alberto Costas e Edelmiro Fernández con Loli Fernández.

O “Premio Ricardo Portela” para Gaita Solista tocando en pechado foi para Pablo Devigo.

O “Galardón Viascón á Percusión”, para Loli Fernández.

O “Trofeo Irmáns Pichel” para unha figura senlleira do Folclore Galego para Xosé Ferreirós.

A entrega dos trofeos tivo lugar o domingo 23 despois dun xantar popular na mesma carballeira.