Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / Gran Éxito do Memorial Ricardo Portela

Gran Éxito do Memorial Ricardo Portela

Concursos e Certames

Esta fin de semana participantes e público do VII Memorial Ricardo Portela congregáronse na Boa Vila para render homenaxe a este senlleiro gaiteiro.

O concurso celebrouse o sábado 15 en dúas sesións, como acostuma a facerse todos os anos. Pola mañá os grupos que participaron na fase eliminatoria, consistente nun pasarrúas pola vila, tiveron que loitar non só contra os nervios, senón tamén, contra as altas temperaturas rexistradas.

Os participantes foron:

ANACOS DE BUXO (Nigrán)
BOUDEBOU (Cambados)
SAUDADE (Barcelona)
SEITURA (Cotobade)
OS FOLERPAS (Santigago de Compostela)
OS 7 ESTALOS (A Coruña)
PICUIÑA (Marín)
OS ENXEBRES (Cacheiras)
CATRO PUNTOS (Galicia)
OS FONTE SUAIRAS (A Coruña)
TARAMBELA BANDEIRA (Melide)

O fallo do xurado deuse a coñecer nunha comida celebrada no Pazo da Cultura e á que asistiron todos os participantes. Dos 11 semifinalistas 8 foron os que pasaron á final que tivo lugar ás 20 horas na Praza da Verdura.

Os premios foron os seguintes:
1º Os Enxebres de Cacheiras
2º Os Folerpas de Compostela
3º Seitura de Cotobade
O premio especial Ricardo Portela á mellor interpretación dunha peza do repertorio porteliano foi parar ás mans do grupo Picuíña de Marín e o premio especial Seivane-Goretex á mellor interpretación dunha peza en Pechado ás mans dos Folerpas de Santiago.

O domingo a festa continuou á noitiña coa celebración dun festival organizado pola AGG, que puxo fin ao VII Memorial Ricardo Portela. Os encargados de pechar o evento foron "Dani Bellón e Diego Maceiras" e "Xarín, gaiteiros do Incio".

Cómpre sinalar o gran éxito de público acadado en todas as actividades desenroladas, sobre todo a mostra de artesáns organizada pola comisión de artesáns da AGG e que estivo aberta ao público durante toda a fin de semana.