Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Mar Maior de Luar Na Lubre: 9 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español

Mar Maior de Luar Na Lubre: 9 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español

Varios

luar na lubreSegún certifica Media Control GFK International para Promusicae o disco Mar Maior, de Luar Na Lubre, leva xa 9 semanas consecutivas presente na listaxe dos 100 discos máis vendidos do Estado Español


Media Control GfK International publica cada semana a clasificación dos cien discos más vendidos no Estado Español (incluíndo discos estranxeiros). Mar Maior, o novo traballo discográfico de Luar Na Lubre que saíu á venda o 5 de xuño do presente ano, entrou nesta lista o 13 de Xuño, no posto 31, e nela continúa a día de hoxe, como único disco de música folk.

Neste novo traballo de Luar Na Lubre a música medieval ten un importante protagonismo, maiormente a galaico portuguesa, aínda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no “Leabhar Ghabhala Eireann” ou “Libro das invasións de Irlanda” transcrito por monxes irlandeses e recollido da tradición oral no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia e que coincide coa época de máximo esplendor da lírica galaico-portuguesa. Unha ligazón atlántica apaixonante que percorrerá os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda e con outras culturas do noso entorno inmediato, grazas de novo á música.

O disco conta coas colaboracións de Roi Casal, Nani García, Maria Xosé Silvar "Ses", Carmen Rey, Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Quinteto Cimarrón, Miguel Queixas, Rubén Montes, Miguel Cabana, Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso, Roberto García, Sergio Fernández e Sergio Delgado.
Ademáis, Isidro Cea encargouse da fotografía e os deseños do libreto foron elaborados por Estefanía Domínguez Cagigao, artista plástica, quen fora tamén a encargada do deseño do album anterior.