Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Seminario sobre palletas e pallóns para gaita galega

Seminario sobre palletas e pallóns para gaita galega

Cursos

Asociación de Gaiteiros Galegos está a realizar unha ampla labor en torno á construción de instrumentos de música tradicional galega. Abrangue diversas actuacións como son as mostras de artesáns, entrevistas nos medios de comunicación, exposicións, publicacións...

Nesta ocasión, recoñecidos artesáns construtores do instrumento simbólico galego, daranse cita o vindeiro sábado 17 de xuño no Centro Multiusos de Melide para faceren as súas aportacións en torno á gaita, palletas e pallóns, ben sexan de construcción tradicional ou de novos materiais. Nun ambiente propicio, tentaremos contrastar ideas e achegar experiencias persoais nun eido fundamental: a afinación. Con isto pretendemos contribuir a mellorar a calidade da música e a ampliar a aceptación do instrumento.



O seminario vai dirixido tanto a quen interpreta música como tamén ás persoas relacionadas coa construción da gaita e que queiran afondar no tema. Os tipos de palletas e pallóns, os materiais cos que se elaboran, a correcta inserción no punteiro e nos outros tubos sonoros, o trato e o coidado que se lles debe dispensar, a importancia das condicións ambientais no comportamento destes elementos..., Serán temas que se abordarán no encontro.

Teremos o privilexio de escoitar a persoas que, coma poucas, coñecen o seu traballo, a súa arte, e que teñen feito moito pola evolución e pola e mellora do son da gaita galega: Rubén e Antonio González e Xosé e Álvaro Seivane.

A asistencia ao seminario é gratuíta. Terá lugar entre as 11 da mañá e a 13.30 horas no Centro Multiusos de Melide. Ao remate do evento haberá unha comida para os asistentes (prezo: 20 euros). Os que estean interesados poden chamar para facer a reserva da comida no 986 847 074 ou ben no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Mais información.
PROGRAMA

RUBÉN E ANTONIO GONZÁLEZ
(11.30-12.15 horas)
• Tipos de palletas.
• Os materiais:
- A cana
- Os tudeles e os frenillos.
• Pallóns de cana.
• A man do artesán. A importancia do coñecemento do punteiro.


XOSÉ E ÁLVARO
SEIVANE
(12.30-13.15 horas)

• Como empalletar un punteiro. Operacións de axuste:
- Despunte.
- Raspado.
- Outros trucos de axuste.
• Efectos da humidade e temperatura sobre a palleta e o punteiro.
• Pallóns sintéticos.