Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Publicacións / Caderno 5. Empezares

Caderno 5. Empezares

Publicacións


Emilio Mesías Farías ven de publicar un interesantísimo traballo, ncluído na colección Cadernos de Gaita Galega, que edita Dos Acordes, no que se recollen pezas escritas para gaita e piano. Non é habitual atopar este tipo de composicións na música galega pero é ndubidable que constitúen unha valiosísima fonte para intérpretes e studantes.
"EMPEZARES" é o nº 5 da colección de "Cadernos para Gaita Galega"
que publica a editorial "Dos Acordes" de Baiona, có fin de difundir raballos pensados para o noso instrumento, cunha fonda finalidade divulgadora, didáctica e de formación.

O Acto de presentación celebrarase o Venres 26 de Maio ás 20.15 no Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Presentará Marcos Galán (xefe de estudos do cmus xan viaño) e falará o autor do caderno, o aresán, Emilio Mesías Farías. O gaiteiro Suso Vaamonde e máis a pinista Iria Hevia, estrearán dúas pezas incluídas no caderno.

Mais información.
O nome de Emilio Mesías ven a unirse ao de outros grandes músicos e gaiteiros do país que xa publicaron en anteriores números da colección, tales como; Suso Vaamonde Manteiga, Ernesto Campos, Xosé Luís Miguélez e outros que publicarán en breve como Paulo-MoMo e José Mª López Rodríguez.

O autor xustifica a publicación do seu traballo xa que "intento aportar o meu gran de area para cubrir un dos baleiros máis fondos cos que nos atopamos os intérpretes e os estudantes da gaita galega: a escrita para gaita-piano..." "...creo que é moi necesaria (a edición) xa que, por desgraza, non é doado atopar "literatura gaiteira" nas librarías e
nas tendas de música do país".
En relación ao título do caderno, Emilo Mesías explica o significado da palabra como que "é unha palabra que encerra moitos significados; Empezares porque é o primeiro que publico como autor, (antes fixerao como colaborador noutra publicación), tamén pode lerse "Pezas en Ares", xa que a realidade é que Ares está presente na miña
obra", e moitos máis significados...."

En palabras de Antón Seoane (Milladoiro), que foi o encargado de facer o limiar; "..estamos diante dunha obra con clara vocación docente e de futuro; xa que a tradición non só se basea na oralidade, na escoita, senón, e cada vez máis no estudo regulamentado e normalizado: a inspiración propia fai o resto. Só hai tradición posible a anos vista se
podemos transmitila ás novas xeracións.
E velaí unha ferramenta fresca, áxil e útil como é a obra de Emilio Mesías á que lle damos a benvida".

Pódese atopar máis información e incluso adquirir a publicación no seguinte enderezo: http://www.dosacordes.com/web/tienda.php?ide=41