Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / "Fol de Feitizo Redentor" o novo disco de Xosé Romero

"Fol de Feitizo Redentor" o novo disco de Xosé Romero

Varios

xoseromeroO inmenso gaiteiro Xosé Romero publica o seu último disco acompañado de bos amigos e grandes músicos. Pasados os 80 anos este compositor de melodías que xa parte da música popular galega -por exemplo, a "Camposa" é del- continua a facer boa música. "Fol de feitizo redentor" é o título do disco que acaba de publicar coas colaboracións de Kinho Saburido, Andrés Vilán, Lola Fernández e Miguel Fraguas, Manolo Maseda, Alberto Coya, Cristian Silva, Iván Costa, Fernando Peón, Alba Gutiérrez e Milo Romeu. Incluso as audiencias alleas á música tradicional coñecen ao mítico grupo "OS Rosales" de Xosé Romero.