A Tradescola impartiu un curso de técnica vogal na Pobra do Brollón
Luns, 30 Abril 2012 16:00
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, achegou este domingo 29 de Abril á Pobra do Brollón, un curso de técnica vogal no canto tradicional que foi impartido por Begoña Lorenzo, no que os asistentes aprenderon exercicios de técnica vogal para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, aplicando posteriormente todos estos recursos e coñecementos en pezas do repertorio tradicional.