Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Seminario de Percusión (Melide)

Seminario de Percusión (Melide)

Varios

 cartaz melide definitivo reducidoA AGG, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional.

Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que complementan á melodía principal e que teñen a súa propia partitura e a súa propia melodía.

Con este seminario, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere incidir e poñer en valor este aspecto da nosa música, contando nesta ocasión con dous recoñecidos especialistas como son Xavier Blanco e Xaquín Xesteira.

Xavier Blanco comeza a tocar a gaita con 8 anos, é músico, investigador e mestre de gaita, experto en instrumentos pobres ten editados varios traballos.

Xaquín Xesteira empeza a súa andaina na Sociedade Cultural de Cambados, recibiu clases de Nando Casal e Carlos Núñez e forma parte dos grupos Treixadura e Sondeseu.

Con este seminario preténdese crear un punto de encontro e formación para todas as persoas interesadas na música tradicional galega e en especial na percusión, achegando a cultura tradicional a toda a poboación.

Prégase aos partipantes que aporten instrumentos.

 Para formalizar a inscripción  hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Lugar de Quintán 3, 36121 Viascón - Cotobade, Pontevedra; ou por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O prazo de inscrición rematará o 26 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.