Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / IX Memorial Manuel Texo

IX Memorial Manuel Texo

Concursos e Certames


Este sábado 6 de maio ás 19 horas terá lugar na Casa da Cultura de Santa Cruz de Rivadulla, Concello de Vedra, a novena edición deste, xa clásico, concurso de música tradicional.

Os grupos seleccionados para a final foron: S.R.C. O Castro, Anacos De Buxo, Os Estrobos, Luvas Verdes, Picuíña, Seitura, Seixebra, que competiran por un 1º premio dotado con 900 euros máis trofeo, un segundo premio 450 euros máis trofeo e un 3º dotado con 250 euros máis trofeo. O xurado estará composto por Pablo Seoane, Oli Xiráldez e Óscar Ibáñez.


Mais información.

Coma todos os anos, dedicarase un espazo do memorial a homenaxear a unha figura senlleira dentro da música tradicional galega que nesta edición será Manuel García Pereira, fundador no ano 1979 do afamado cuarteto “Os Estrobos” e director de numerosas formacións ás que levou a acadar grandes éxitos. Tamén, coma en todas as edicións, lerase un manifesto a favor da música e a cultura galega que, desta volta, chegara da voz de Manuel Rico Verea.

Por último destacar que os trofeos serán obras do artesán Manuel Caamaño e o deseño do cartaz e os dípticos correu a cargo do Obradoiro de Deseño e Creación Des_escribir.