Arredemo Lab
Venres, 28 Abril 2006 18:40

Durante o mes de Maio e a primeira semana de Xuño vaise desenvolver un proxecto cultural con dúas carpas que van percorrer varias comarcas galegas. Este proxecto, chamado A Cultura Circula, está impulsado por varias Consellerías, a de Cultura, Industria e Vicepresidencia, e conta coa colaboración de diversas asociaicións e entidades sociais e culturais.
Neste senso, a Rede de Acción Socio-Cultural ARREDEMO vai ser responsable da área de internet, e por esta razón dirixímonos ás asociacións culturais e outros colectivos sociais de cada comarca para ofrecerlles unha experiencia de intercambio cultural e creación colectiva e un taller gratuito sobre edición de páxinas web e o uso de programas de libre distribución (software libre), dentro do programa Arredemo Lab: dous cibercamións que van seguir ás carpa da Cultura Circula a cada comarca.
Mais información.
Os lugares onde se vai desenvolver este proxecto son:
Lugo e Poio: 4,5,6,7 de Maio
Ourense e Ribadeo: 11,12,13,14 de Maio
Porriño e Boiro: 18,19,20,21 de Maio
O Burgo: 1, 2, 3, 4 de Xuño
Se precisades de calquera información, podedes contactar connosco por e-mail neste enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , no teléfono: 981 55 42 48 e na web do proxecto: http://www.aculturacircula.info
Programa
Arredemo Lab é un laboratorio itinerante que viaxa de comarca en comarca dentro de dous cibercamións.
Os cibercamións d o laboratorio van seguindo as carpas da Cultura Circula, e van ficar case unha semana en cada lugar.
En cada comarca o Arredemo Lab abrirá ás súas portas a quen queira experimentar a navegación por internet usando apenas software libre.
Pero sobre todo o Arredemo Lab é unha experiencia de creación colectiva especialmente dirixida ás asociacións e colectivos socio-culturais de cada comarca.
Como parte do seu cometido, o Arredemo Lab ten ao seu cargo a edición da páxina web da Cultura Circula e propón, a todas as persoas interesadas en participar, facer parte do equipo de edición durante a estancia da carpa en cada comarca.
O Arredemo Lab , amáis de cubrir os eventos das carpas, vai retratar a través da web da Cultura Circula a vida cultural e social de cada comarca visitada, nun experimento de xornalismo en rede aberto a todas as persoas con ganas de argallar historias e contalas por todos os medios ao noso dispor: texto, audio, foto, video.
Se vos interesa a edición de textos, audio, fotografía e vídeo a través da web, ou introducirvos no mundo do Linux e a programación libre, o Arredemo Lab ofrécevos un taller participativo onde aprender e intercambiar coñecementos sobre o uso de internet como unha nova forma de facer cultura.
Areas temáticas
Durante o taller organizarémonos por áreas, segundo as preferencias de cada quen, cubrindo os diferentes aspectos da edición web
Edición de texto
Edición de audio
Edición de fotografía e deseño gráfico
Edición de vídeo
Programación
Actividades
As actividades previstas inclúen, sempre de xeito prático, os seguintes contidos
Introdución á Edición Web
Introdución aos Xestores de Contidos
Introdución ao Software Libre
Reportaxes e entrevistas
Creación Literaria, Gráfica e Audiovisual
Estas actividades centraranse temáticamente na cultura, o medioambiente e a vida social das comarcas visitadas e, asemade, nos propios eventos artísticos das carpas.
O Arredemo Lab fornecerá o material necesario para o desenvolvemento das actividades como cámaras dixitais, gravadoras mp3, e outras ferramentas necesarias.
Como Participar
Poderá participar calquera persoa interesada, dándose preferencia ás persoas procedentes de asociacións, colectivos socio-culturais ou grupos artísticos de cada comarca
As prazas son limitadas e serán adxudicadas por orde de chegada, previo contacto
As persoas interesadas deberán especificar a súa área de preferencia: texto, audio, fotografía e deseño, vídeo, ou programación