Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O focense que ensina canto tradicional en Oxford

O focense que ensina canto tradicional en Oxford

Varios

mano panforreteiroO focense Mano Panforreteiro cambiou de residencia en xaneiro do 2010. Asentouse en Oxford, onde se adica a dar cursos de música, a actuar, a compoñer... En días pasados foi noticia por ser un dos creadores (xunto con Sabine Müller) dun espectáculo músico-teatral con poemas de Bertolt Brecht e música de Hanns Eisler, que se estreou o 1 deste mes. Leva por título I hear that in New York e combina a música con proxeccións, danza e tres idiomas: o alemán, o inglés e o galego.

O creador mariñano adica parte do seu tempo a impartir un curso de canto tradicional e pandeira, organizado por Queen´s College da University of Oxford, dentro da programación do Centre for Galician Studies, ademais de compoñer a música para o último espectáculo da compañía teatral Elefante Elegante; de desenrolar o seu proxecto artístico Miraquenvén e de aportar parte da súa enerxía ao dúo Manamaná (coa saxofonista belga Anne Gennen). Non se esquence de Kibitka «o meu proxecto máis grande e traballoso, con moitas gañas de ter concertos e moitas dificultades para conseguilos».

Ademais de participar como invitado hai uns días na School of Oriental and African Studies coa ponencia The Galician Bagpipes: a seductive nation, o focense Mano Panforreteiro deu o ano pasado un obradoiro sobre música na universidade de Birmingham; a segunda parte ten previsto impartila a partir de abril.

 

http://www.lavozdegalicia.es