Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / XVII Xantar Gaiteiro

XVII Xantar Gaiteiro

Varios

 

cartazxgdefinitivo

Lembrámosvos que o prazo para anotarse tanto para asistir ao xantar gaiteiros como aos cursos, remata este xoves.

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión e como novidade, se celebrará no Concello de A Baña o vindeiro 25 de marzo.

Esta xuntanza, ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Nesta edición, como xa ocorreu na pasada, preténdese complementar o xantar con diversas actividades nas que contaremos coa colaboración da Concellería de Xuventude e Deportes e o Concello da Baña.

-          De 10 a 12 horas: Curso de Sibelius a cargo de Rafael Collazo Moares, Director da Banda da Escola de Música de Rianxo. Será preciso que os asistentes acudan con ordenador portátil co programa Sibelius instalado para poder seguir as explicacións. Nesta ligazón pódese descargar unha versión de proba con validez de 30 días http://www.sibelius.com/download/index.html

-          De 11 a 14 horas: Exposición e Obradoiro “Tempo de Xogar” a cargo de José Manuel García e Xosé López

Os cursos e a exposición celebraranse na Casa de Cultura da Baña. O prazo de inscrición para asistir aos cursos rematará o 22 de marzo ou cando se complete o aforo, en tal caso seguirase o criterio de riguroso orde de inscrición.

O menú do xantar que se celebrará na Área Recreativa Agra de Chans, estará composto por cocido, bebida, postre, café e chupito. O prezo serán 23 € por persoa, 12 € para nenos menores de 12 anos.

Para máis información e reservas, contactar coa secretaría da AGG por teléfono 986 84 70 74 ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo