Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Unha Noite no Muíño

Unha Noite no Muíño

Varios

foto muio de cabanas2O vindeiro sábado 3 de marzo levarase a cabo a actividade “ unha noite no muíño”consiste nunha muiñada pola noite con degustación de empanada de millo.Dita actividade levarase a cabo no recen restaurado MUIÑO DE CABANAS (único muíño que moe coas augas do Río gafos ) .Daranse explicacións de como se pon a funcionar o muíño, explicación das diferentes pezas que o forman e tamén haberá cantigas ,contos ...etc

E unha actividade que pretende rememorar as vellas muiñadas que viñan senso un lugar de encontro,onde os veciños e veciñas ademais de levar o seu grao para facer fariña aproveitaban para falar ,cantar, bailar contar contos e mocear

 idades de Noites Abertas ( DE 12 A 30 ANOS )

Nº máximo de participantes : 25

Menores acompañados por algún adulto

Reservar praza no tlfno :

 986 840367- Xuventude do concello de Pontevedra

Sairemos as 19 h de diante da estación de autobuses con dirección o muíño ( 20 minutos ) logo empezará a MUIÑADA coas explicacións de como funciona o muíño, explicación das diferentes pezas que o forman e logo cantaremos,bailaremos , contaremos contos ...etc

Prema no título para ver a nova ao completo

 Monitores

  1. RAMÓN LOPÉZ LAXE . - MEMBRO DO COLECTIVO AMIGOS DOS MUIÑOS – PRESIDENTE DA AS. DE VECIÑOS HEROES DO CAMPO DA PORTA DE SALCEDO TF. 616610913
  1. GONZALO SANCHO BLANCO– PRESIDENTE DE VAIPOLORIO .PARTICIPOU ACTIVAMENTE NA RECONSTRUCIÓN DO MUIÑO DE CABANAS   TF 675547499  

Recomendase levar : Botas de auga e roupa de abrigo

 

Mais info: 986 840367- Xuventude do concello de Pontevedra

                     676 842 942 - vaipolorío