Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Xornada de Palletas e Pallóns na Tradescola

Xornada de Palletas e Pallóns na Tradescola

Varios

 

cartaz curso de construcion de palletas e pallonsO vindeiro día 10 de marzo terá lugar na Tradescola un curso de confección de palletas e pallóns a cargo do artesán Jaime Pena. Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da  música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, os alumnos poderán adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, como colocalos nun punteiro, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.

 

O horario do curso será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O custo será de 20€ para socios da AGG ou alumnos da Tradescola, e de 25€ para o público en xeral. As prazas son limitadas (15 persoas) e cubriranse por orde de inscrición e pago.

Para asistir, chamade ó tlf. 982229966 ou pasade pola Tradescola en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Para o curso precisarase que o alumno traia un pequeno alicate e unha navalla.