Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pasamento de Ernesto Abal González

Pasamento de Ernesto Abal González

Varios

ernestoHoxe temos que informar dunha triste nova, faleceu Ernesto Abal de 67 anos, bombeiro do grupo "Os Faíscas" de Solobeira (Vilagarcía de Arousa).

Ernesto, amigo dos amigos e un apaixoado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados

Sempre estivo ligado a cultura tradicional, en todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar.

O enterro será mañá, sairá as 15:45 dende o novo tanatorio de Ribadumia cara a igrexa de San Adrián de Vilariño (Cambados) onde se oficiará o funeral as 16 horas.

Aos amigos gustaríalles renderlle unha homenaxe tocando, polo que vos convidan a tod@s aqueles que queirades a levar unha gaita en Do para acompañalos.

Dende aquí facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.