Curso de Técnica vocal
Venres, 16 Decembro 2011 09:53
A A.X. Xacarandaina da Coruña organiza un curso de técnica vocal durante 2 meses, comezará o día 13 de xaneiro e rematará o 2 de marzo. Será impartido pola cantante Carmen Rey, recoñecida profesora e artista.
O prazo de inscrición remata o día 5 de xaneiro, así que non esquenzas anotarte.... O máximo de alumnos por grupo son 10 persoas, e a realización de dous grupos estará condicionado polo número de matrículas.
Os horarios programados son: venres de 19.30-21h ou de 21-22.30h
Prezo: 74 € socio; 80 € non socios (pódese pagar en dous prazos)
Máis información en www.xacarandaina.com