Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Diarios Sonoros presenta "Giacometti, filmografia de um povo"

Diarios Sonoros presenta "Giacometti, filmografia de um povo"

Varios

 

giacomettiO vindeiro sábado 17 de decembro ás 12 horas da mañá na Biblioteca da Cidade da Cultura, terá lugar a última sesión do 2011 sesión do ciclo Diarios Sonoros, Retratos Musicais do século XX, adicada ao etnomusicólogo corso Michel Giacometti. Os convidados veñen de Portugal: José Moças e Paulo Lima, editor e investigador respectivamente da súa obra. Haberá unha proxección de dous documentais de Michel Giacometti, contextualización da súa obra e concerto-express de viola campanisa e voza cargo do máis afamdo intérprete deste instrumento en Portugal: Pedro Mestre

Prema no título para ver a nova ao completo

 

MICHEL GIACOMETTI, FILMOGRAFÍA DE UM POVO

A gravación documental das tradicións dun pobo para preservar o seu folklore é unha actividade tan valiosa coma romántica. Cultura inmaterial que esmorece e fica preservada para as xeracións posteriores. Desde Bela Bartok até Alan Lomax, son moitos os investigadores que fixeron traballos de campo en zonas concretas do mundo e deixaron un legado inmenso de cultura popular, ás veces anónima e sempre presente. Os traballos de recollida do etnomusicólogo corso Michel Giacometti, desenvolvidos en territorio portugués a partir da década dos 60, permitiron o rexisto e a preservación do imaxinario rural e o divulgaron para as vindeiras xeracións. O seu cometido é tan inmenso que a débeda do pobo de Portugal é infinita.

Actualmente, coa revolución informática e das comunicacións, atopámonos ante unha nova era na divulgación deste patrimonio e están aparecendo por todo o mundo edicións remasterizadas e dixitalizadas. Tradisom de José Moças, é unha editorial de Portugal adicada á promoción das películas documentais de Giacometti, numa coletánea dirixida por Paulo Lima, o máximo investigador en Portugal do traballo feito polo realizador corso. Acompañaráos para esta sesión Pedro Mestre, virtuoso da viola campanisa do Alentejo, instrumento que gravou Giacometti nos anos 60.

Formato:

Proxección de dous documentais de Michel Giacometti, contextualización da súa obra e concerto-express de viola campanisa e voz.

Participantes:

Condutor: José Moças. Programador e director de Tradisom, editorial independente de Vila Verde (Portugal).

Paulo Lima. Investigador e coordinador da última edición do libro-DVD/CD "Michel Giacometti - Filmografía Completa"

Concertista: Pedro Mestre. Cantor do Alentejo e o intérprete de viola campanisa (tipo especial de guitarra) máis afamado de Portugal.

Institucións vencelladas:

-Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa

-Museu da Música Portuguesa

Medio de Comunicación Colaborador:

- Radio Televisão de Portugal (RTP) Internacional