Música Galega no Forum Metropolitano de A Coruña
Venres, 31 Marzo 2006 12:13
Este sábado 1 de abril ás 19:30, no Forum Metropolitano da Coruña, terá lugar un festival de música galega organizado pola Sociedade Cultural Galicia-Bretaña. Poderemos escoitar ao grupo de zanfoñas e ao de Gaitas do laureado Coro "Cántigas da Terra"; ao grupo de danzas e a charanga da "Asociación Cultural A Ponte Vella", de Teo; e ao grupo de música tradicional "Ruote".A entrada é gratuíta.