Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro de Arrolos en Teo

Obradoiro de Arrolos en Teo

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

arrolos teo"Cantos de berce: práctica, valores e composición". Rosa Bugallo e Ugia Pedreira imparten este curso para pais e nais sobre o imaxinario e a práctica dos cantos de berce galegos. Organiza o Concello de Teo
"Cantos de berce: práctica, valores e composición". Curso orientado a pais e nais para o achegamento a dez arrolos galegos cantados por Ugia Pedreira e explicados por Rosa Bugallo, con explicación sociolóxica e práctica en grupo. Dez cantos de berce de autor e de composición propia coas que se fará unha análise antropolóxica e social sobre os valores expostos nos textos e nas melodías. As persoas asistentes escoitarán a unha das voces máis recoñecidas da canción galega actual, aprenderán as melodías e as letras dunha selección de dez nanas do cancioneiro popular galego-portugués, ou outras coma “Nana para un amante” (Fuxan os Ventos), “Durme meu neno” (letra de Antón Avilés de Taramancos),....

Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional tanto no útero como nos primeiros anos de vida. No fin do cursos pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo para cantarllela aos seus pequenos.

Lugar: Os Tilos. Teo

11 de novembro de 2011 17:00 h - 12 de novembro de 2011 14:00 h

Prezo: de balde baixo inscrición

aCentralFolque