Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid
Martes, 25 Outubro 2011 10:43
Obradoiro de construción de palletas con Patricia Cela na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29, 30 e 31 de outubro
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, de recente creación na cidade de Madrid, organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 29, 30 e 31 de outubro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.
Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico.
Para realizalo contaremos coa presenza de Patricia Cela, recoñecida artesá do sur de Galicia formada con Antón Corral na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Baiona para dar o curso.
O prezo é de 130 euros (100 euros para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.
As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es