Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Monográfico de `danzas do mundo´ no Centro SocioCultural de Vilaxoán

Monográfico de `danzas do mundo´ no Centro SocioCultural de Vilaxoán

Cursos

A Asociación Pesdebarro pon en marcha este sábado o seu primeiro curso monográfico de “danzas do mundo” que será impartido por Mercedes Prieto. O curso, que terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, desenvolverase este sábado 22 de outubro, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 15:30 a 18:30.
As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 615863500 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

No curso farase un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, a danza galega.
Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera. Todo elo combinado coa aprendizaxe de técnicas de relaxación, estiramentos e outros exercicios que complementan á danza.
O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

A profesora
Mercedes Prieto é licenciada en Danza pola Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou na Escola Superior de Educación como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de infantil e primaria. Forma parte do grupo Pesdelán, grupo que ten como obxectivos a investigación e divulgación de danzas tradicionais galegas e portuguesas a través da formación en talleres e bailes.
É bailarina das compañías de danza GS21 e Bruma.

http://www.blogoteca.com/malmequer