Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / III Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

III Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

2 de Outubro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
Organiza: Asociación Berros Do Castro

- EXPOSICIÓN
"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)

-OBRADOIRO DE MÚSICA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)

-CONCERTOS (a partir das 20:00h)
"Os Resesos" (Santiago de Compostela)
"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña)

-DESCRICIÓN DO OBRADOIRO DE MÚSiCA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)
Presentación (10.00 h)
Contidos (10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h)
O curso constará de dúas partes: unha primeira parte expositiva e unha segunda parte interactiva. Na primeira parte o profesor do curso fará unha viaxe explicativa pola interpretación tradicional do toque pechado na gaita, empregando os datos recompilados nun traballo de campo de oito anos ao longo das comarcas de Arzúa e Melide, territorios onde o toque pechado na gaita de fol está moi conservado. Isto incluirá os seguintes aspectos concretos:

• Xeitos tradicionais de aprendizaxe da gaita de fol
nos nosos vellos gaiteiros (instrumentos sinxelos
para a aprendizaxe: gaitas de centeo, de sabugo,
de canaveira, etc).

• Tipoloxía das gaitas tradicionais, obradoiros, artesáns
e xeitos de construción.

• Dixitacións pechadas máis comúns nas comarcas
de Arzúa e Melide, e diferenzas con dixitacións empregadas
noutras comarcas galegas.

• Repertorio e formacións musicais máis habituais
na tradición das comarcas de Arzúa e Melide: audicións
e vídeos de gravacións de gaiteiros tradicionais.

Na segunda parte do curso os alumnos serán os principais protagonistas, xa que experimentarán a aprendizaxe de diferentes dixitacións pechadas tradicionais, comezando polas mais sinxelas e rematando polas de mais complexidade. Aproveitando a aprendizaxe das dixitacións, os alumnos poderán aprender pezas do repertorio tradicional desas comarcas.

INSCRICIÓNS
-Límite de prazas:15 participantes.

-Prezo do obradoiro: 12€ en concepto de reserva e material didáctico.
O abono desta cantidade farase efectivo mediante transferencia bancaria antes do 28 de setembro.
Banco Santander Central Hispano
c/c: 0049/0085 /18/2210950670

As persoas interesadas en participar deberán enviar o xustificante de transferencia bancaria, xunto cos seus datos persoais ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

http://www.ghastaspista.com