Obradoiros e mostra de canto e baile tradicional en Monforte
Luns, 19 Setembro 2011 09:55
Obradoiros, seminarios, xornadas,...
Domingo, 25 de setembro 2011 no local da A.C. Amigos da Pandeireta, rúa Rosalía de Castro, Monforte de Lemos:
Obradoiros e Mostra de canto e baile tradicional impartidos por profesores da Tradescola.
11:00 a 13:00 Baile tradicional e creación, impartido por Xabier Iglesias.
16:00 a 18:00 Técnica vocal para o canto tradicional galego, impartido por Begoña Lorenzo.
18:00 a 19:30 Baile tradicional agarrado, impartido por Xabier Iglesias.
Para finalizar, a Mostra, actividade lúdica que servirá para poñer en practica todo o aprendido nos obradoiros ou simplemente para pasalo ben. Haberá música, baile e algo para picar. Animádevos!
Aínda que non é necesario inscribirse gustaríanos que nos contásedes se pensades asistir.
Para calquera dúbida preguntade aquí ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo