Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Seminarios de Formación Permanente - Pedagoxía e Gaita Galega

Seminarios de Formación Permanente - Pedagoxía e Gaita Galega

AGG

Dende a AGG queremos informarche da próxima celebración dos SEMINARIOS DE FORMACIÓN PERMANENTE - PEDAGOXÍA E GAITA GALEGA: A INICIACIÓN Á GAITA GALEGA  ENTRE SEIS E ONCE ANOS

A Asociación de Gaiteiros Galegos porá en marcha a partir do vindeiro curso un “Seminario de formación permanente”  ó redor do ensino da música tradicional, en particular do ensino da gaita galega. Neste primeiro curso encetaremos con sesións destinadas a  preparar monitores - profesores para o inicio da gaita galega en idades de primaria.
A primeira sesión estará impartida polo profesor de gaita e Doutor en Ciencias da Educación Xaime Estévez Vila e terá lugar no mes de Setembro. Os asistentes a este seminario de formación terán prioridade na participación activa do proxecto Gaita na Escola. As prazas son limitadas*  (os socios da AGG terán prioridade na asistencia) e terase en conta a orde de inscrición que se poderá facer ata tres días antes do comezo.

1ª Sesión:

•         Sábado 17 Setembro na casa da gaita en Cotobade( Pontevedra) de 10 a 14 H.* (20 prazas)

•         Sábado 24 Setembro na Tradescola de Lugo de 10 a 14 H.* (20 prazas)

Para inscribirte tes que enviar un E Mail á AGG Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos datos persoais e profesionais máis relevantes e o motivo polo que te queres matricular (máximo 300 palabras), indicando se asistirías en Lugo ou Pontevedra.