Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Aberto o prazo de preinscripción da e-trad ata o 9 de setembro

Aberto o prazo de preinscripción da e-trad ata o 9 de setembro

Cursos

Entramos nos últimos días para que podas preinscribirte nas nove especialidades instrumentais que impartimos na e-Trad: Zanfona, Gaita, Percusión Tradicional, Canto Popular, Requinta, Arpa Céltica, Violín Folk, Acordeón Diatónico e Corda Pulsada.

Dispoñemos de instrumentos e de aulas de ensaio para que podas iniciarte aínda que non contes con instrumento propio durante o primeiro ano. ITINERARIO BÁSICO: 1-2 horas semanais
Edade mínima requerida: 9 anos.
Duración: 3 anos.
Necesidade de coñecementos previos: non

ITINERARIO PROFESIONAL: 5 horas semanais.
Edade mínima requerida: 15 anos.
Duración: 6 cursos en 2 ciclos de 3 anos.

Data final preinscripción: 9 de setembro.
Preinscripción na oficiña: de 11 a 14 horas.
Preinscripción on-line: www.etrad.org

Dispós de toda a información sobre itinerarios, plans de estudios, aulas abertas e programa de e-learning descargando o pdf

http://e-tradvigo.blogspot.com