Xoves, 11 Agosto 2011 10:59

A AVO (Atlántica Vapora Orquestra) ofrecerá un recital co mellor do seu repertorio no Festival dos Abrazos de Santiago presentando na capital galega o seu recente álbum "Porto de Vilaxoán". O concerto terá lugar ao aire libre no inconparábel marco da praza de San Martiño Pinario, na zona vella de Compostela a partires das 20 horas este sábado 13 de agosto. A AVO -a.k.a. Combo Mariñeiro de Vilaxoán- é un colectivo de doce músicos que actualizan o repertorio popular da zona de Arousa coa arrnaxos e a dirección de Óscar Fernández.