Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Varios grupos de música tradicional participarán esta fin de semana no programa a Pé de Rúa

Varios grupos de música tradicional participarán esta fin de semana no programa a Pé de Rúa

AGG

Esta fin de semana, dous grupos, pertencentes á Asociación de Gaiteiros Galegos, protagonizarán pasarrúas e mostras de música tradicional nos concellos de Allariz (Ourense) e Cabana de Bergantiños (A Coruña). O  será o encargado de actuar mañá sábado día 30 de Xullo ás 20.00 horas na festa da Malla en Queiroás da Igrexa (Allariz) e o grupo Abertal (A Rúa de Valdeorras - Ourense) actuará o luns día 1 de Agosto durante a Romaría de San Fins do Castro, no concello de Cabana de Bergantiños.
A Asociación de Gaiteiros Galegos colabora coa AGADIC na organización das actividades do programa A pé de rúa. A Asociación de Gaiteiros Galegos é a encargada do asesoramento e coordinación das actuacións de música tradicional que se efectúan dentro deste programa. Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, “a participación de grupos e solistas nas programacións que se realizan dende as administracións públicas é un xeito de achegar a música tradicional, en condicións dignas, ás vilas e cidades do país”.