Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Foliada de Monterroso

Foliada de Monterroso

Festivais, Foliadas, Romarías

Este venres, 29 de xullo, celebrarase na vila monterrosina a primeira edición da Foliada de Monterroso, que organizan os gaiteiros locais coa colaboración do Concello. Será a primeira de dúas xornadas seguidas de actividades, xa que o sábado se desenvolverá durante todo o día a Festa do Deporte, que promove o organismo municipal.

A Foliada será na antiga Feira do Froito, lugar no que ás dez da noite comezarán as actuacións que estarán a cargo dos grupos D?Ambarría, de Monterroso; Falcatruerios, tamén do municipio; Os D?Eiquí, de Taboada; Fiadeira, de Antas de Ulla; Buxaina, de Pas de Rei, e Varacuncas, do concello pontevedrés de Rodeiro.

Ao finalizar o concerto destes grupos haberá «festa rachada ata que ou corpo aguante», segundo anunciaron onte os organizadores. Tamén haberá queimada «para espantar ás meigas».

Pola súa banda, o organismo local espera que a animación na localidade sexa permanente durante todo o fin de semana, que coincide co cambio de mes e co comezo da chegada de emigrantes de vacacións.

http://www.lavozdegalicia.es