Cursiño de Técnica de Percusión
Luns, 13 Marzo 2006 09:29
Despois do éxito acadado coas aulas sobre técnicas de interpretación de gaita galega impartidas por Daniel Bellón, esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, terá lugar o Cursiño de Técnica de Percusión dentro ciclo que a Asociación Cultural Saíñas, Lugo, organiza, en colaboración co Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos.Nesta ocasión será Xaquín Xesteira “Xocas” o encargado de impartir as aulas. O lugar de celebración será o Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro) e o prezo da matrícula será de 15 € (inclúe o xantar do sábado).
Mais información.
As inscricións pódense formalizar no número de teléfono 686 072 260 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O número de prazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptándose inscricións ata completar o total.