Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela

Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela

Concursos e Certames

Mañá, 14 de xullo, remata o prazo para a inscrición para o concurso do Memorial Ricardo Portela na súa XII edición e que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo. A inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello, e deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.

 

No concurso outorgaranse 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.

Animádevos, que ainda estades a tempo!!