Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Alumnos de canto e pandeireta da Tradescola ofreceron un concerto dentro da programación "Cultura Aberta"

Alumnos de canto e pandeireta da Tradescola ofreceron un concerto dentro da programación "Cultura Aberta"

AGG

O programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, conta nesta edición coa colaboración da Tradescola, que a través dos seus alumnos e mestres encargase de amenizar musicalmente a entrada ás distintas actuacións previstas no programa. Con esta iniciativa , a Tradescola da un novo paso no seu traballo de promoción e difusión da música e da cultura galega, e fai visible unha vez máis o traballo desenvolto pola Asociación de Gaiteiros Galegos a prol da nosa cultura.

Os alumnos de canto e pandeireta, guiados pola súa mestra, Xela Conde, foron os encargados de ofrecer onte un concerto na entrada do Pazo de San Marcos no que interpretaron distintas pezas cantadas do repertorio tradicional cunha gran afluenza de público.