Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Informe de puntuacións outorgadas

Informe de puntuacións outorgadas

Deput. Pontevedra

Aínda que de forma lenta, os trámites realizados pola AGG na Deputación de Pontevedra para esclarecer os pormenores da adxudicación da escola de gaitas á AGBGPPP, van dando algún que outro resultado.
Hoxe mesmo chegou a notificación da institución provincial comunicándonos a resolución do concurso e o informe que solicitaramos para coñecer as puntuacións outorgadas. Só proporciona as puntuacións da AGG e máis da AGBGPPP, non as do resto de concursantes, polo que os animamos e ofrecemos apoio ao resto de concursantes para presentaren solicitudes de informes similares aos que solicitou a AGG.


Mais información.

Expoñemos as calificacións outorgadas:
AGG
Creatividade: 5
Dirección: 0
Profesorado: 1,75
Prezo: 1,85
Total: 8,6

AGBGPPP
Creatividade: 9,5
Dirección: 4
Profesorado: 2,5
Prezo: 0
Total: 16

As cifras falan por si mesmas, sobre todo, no que atinxe ao plano da ‘creatividade’.