Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Publicacións / 100 novas partituras na sección de descargas para todos os nosos socios

100 novas partituras na sección de descargas para todos os nosos socios

Publicacións




O traballo que veñen a facer os compañeiros da Comisión de Partituras da Asociación de Gaiteiros Galegos, liderado desta volta por Eduardo Méndez Baamonde (Dubi) e Ricardo Santos, ven de dar como resultado a revisión exhaustiva dun cento de partituras que estarán ao dispór de todos os nosos socios na sección de descargas (apartado partituras, subapartado pdfs).

Co obxecto de facilitar a súa lectura foron publicadas tanto para en "dó" como en "re". Polo de agora están incluídas todas as partituras de "re" e nos vindeiros días irán aparecendo as partituras de "dó".

Trátase dun traballo que vai moito máis alá da concienzuda transcrición de todas estas melodías. Inclúense en todas elas notas e referencias históricas e, de ser o caso, as correspondentes letras.

Como mostra do excelente traballo coordinado por estes dous compañeiros, inclúese para descarga de calquera internauta a partitura (tanto en "dó" como en "re") da "Danza de Santa María de Torás" do repertorio da Sección Femenina, recompilada en Laracha, por Pedro Echevarría o 1 de Decembro 1954.

Deste xeito, unha vez subidas as partituras de dó teremos máis de 600 descargas para os nosos socios.


Mais información.
Partitura en "Dó" da Danza de Santa María de Torás:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/toras-do.pdf

Partitura en "Re" da Danza de Santa María de Torás:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/toras-re.pdf