Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Reunións, actos, ... / O Obradoiro de Gaitas da familia Seivane recolle en Barcelona o Percebe de Prata

O Obradoiro de Gaitas da familia Seivane recolle en Barcelona o Percebe de Prata

Reunións, actos, ...




O pasado 25 de febreiro tivo lugar a ‘Gran Noite de Galicia en Barcelona 2006’, unha gala á que acudiron varios cargos da Xunta e mesmo o alcalde da Cidade Condal, Joan Clos.

Os galardóns entrégaos dende hai 24 anos a ‘Enxebre Xuntanza do Percebe da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña’ que quixo facer este ano un recoñecemento á gaita. Os membros do obradoiro de gaitas da familia Seivane foron agasallados co Percebe de Prata. O pai de Susana Seivane foi o encargado de levar a Cambre o merecido crustáceo.

Carlos Núñez tamén fora invitado a recoller o seu premio en forma de prezado marisco, mais no último momento anunciou que non podería acudir deixando totalmente desconcertada á organización do evento.

Texo e imaxe extraídos de La Voz de Galicia.