Asociacion de Gaiteiros Galegos

Concertos

Para celebrar a importancia da música na cultura cada 21 de xuño, cidades dos cinco continentes celebran o Día Internacional da Música. O obxectivo é sacar os sons as rúas e espazos públicos fortalecendo a convivencia mentres se goza con esta linguaxe universal. O Museo do Pobo Galego súmase a esta festa con dúas propostas para todos os públicos. Na véspera do San Xoán,  xoves,  23 de xuño ás 18.h30, Mamá Cabra levará ao Museo música para participar, música  con poesía, música para aprender coa propia música. Neste espectáculo escoitaranse temas dos seus traballos publicados, "Cantos Rodados", "Patatín patatán", "Tan só con leres un libro", e tamén algún novo. O domingo 26 de xuño, ás 12h00, Son +D2, trío acústico de guitarra, dúas voces e a percusión, achegará aos pequenos e maiores ao mundo da música e da creatividade, amosándolles dun xeito interactivo os diferentes instrumentos e ritmos do mundo con cancións e xogos participativos.

Estas actividades organizadas desde o Departamento de Educaión e Acción Cultural do Museo contan co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. A entrada é gratuíta aínda que hai que pasar recollelas na recepción do Museo.

Buscador

Últimas novas

DiscografiasPublicacións