A música galega nun curso de violín folk en California
Mércores, 15 Xuño 2011 09:14
Unha delegación de músicos galegos, procedentes fundamentalmente de Vigo, participará entre os días 18 e 26 deste mes nun curso de violín folk que se celebrará en California, e que terá á música galega como principal protagonista.
Entre os participantes nesta actividade encóntranse tres profesores da Escola de Música Tradicional viguesa, integrantes do grupo «Bula Timpánica», informou unha nota da formación.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Trátase de Alfonso Franco e Alfonso Merino, que se ocuparán do ensino do violín folk, e Xosé Liz, que impartirá clases de bouzouki e guitarra.
Acompañaranos no curso o músico Xabier Feijoó, «Chisco», que dará leccións de canto popular e de baile, e os integrantes do grupo de baile Fiadeiro, que se centrarán nas clases de baile e pandeireta.
O festival, denominado «Sierra Fiddle Camp», reunirá máis de 300 músicos de violín folk, procedentes fundamentalmente de Estados Unidos e Canadá.