Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

AGG

A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos aulas específicas para os máis pequenos.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Mari Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódedesvos dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira  Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo            

http://www.gaiteirosgalegos.com/tradescola/