Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concertos / Concerto de Gaideón en Vigo o luns 27 de febreiro ás 19:30

Concerto de Gaideón en Vigo o luns 27 de febreiro ás 19:30

Concertos



O vindeiro luns 27 de febreiro de 2006, a partir das 19:30 horas o grupo Gaideón (Coral Lago e Carlos Peixoto) realizará un concerto de antroido na praza da Constitución de Vigo. Colaboran o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Federación Veciñal "Eduardo Chao".

GAIDEÓN, nace como grupo na primavera do ano 2003, da man de dúas persoas experimentadas en diferentes formacións tradicionais galegas e, co compromiso único, de interpretar Música Tradicional de Galiza.
Como xeito expresivo, escollen a formación de “dúo”, coa intención de traballar nun dos xeitos de agrupación de músicos tradicionais galegos, que na actualidade vai a menos; pero tamén por ser unha formación que permite a interpretación musical dun xeito esencial, prescindindo conscientemente de máis ornamento instrumental.




Mais información.



GAIDEÓN, fai uso de dous instrumentos na súa interpretación musical: A Gaita e o Acordeón.
O primeiro, un instrumento tradicional con dez séculos de presenza na cultura musical galega e, o Acordeón, un instrumento relativamente “moderno” que, polas súas características sonoras, integrouse axiña na interpretación da nosa música.

GAIDEÓN, ten un repertorio que está composto por unha mostra de diferentes ritmos musicais autóctonos e de fóra asumidos, como: Muiñeiras, Alalás, Jotas, Pasodobres, Polcas, etc., todos eles pertencentes a pezas do Repertorio Tradicional Galego e tamén de autores contemporáneos que crean respectando as estructuras tradicionais.

GAIDEÓN, é tocado a catro mans por... Coral Lago e Carlos Peixoto.