Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos / Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Cursos

Os vindeiros días 18 e 19 de abril de 2006, no Conservatorio de Música de Ourense, terá lugar o

CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

impartido por

JUAN BARCÓN PEÑA
e
BRUNO VILLAMOR GAY

HORARIO DO CURSO: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas (o horario pode sufrir modificacións en función da matrícula).

INFORMACIÓN
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n
32004 – OURENSE
Teléfono: 988391047 – Fax: 988391971
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Organiza: Conservatorio Prof. de Música de Ourense
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos



Mais información.
DEREITOS DE MATRÍCULA:
Alumnos Activos: 50 euros (cada alumno terá dereito alomenos a unha clase con cada profesor e a participar nas clases colectivas).
Máximo 16 alumnos activos.
Alumnos Oíntes: 25 euros (terán dereito a participar nas clases colectivas).
As inscricións aboaranse en CAIXANOVA, c.c. 2080 0261 23 0040021780. O boletín de inscrición e xustificante de pago serán remitidos á Secretaría do Centro ( o prazo de matrícula será dende o 20 de Febreiro ó 6 de Abril).
A tódolos alumnos participantes no curso entregaráselle, ó remate do mesmo, un diploma acreditativo de asistencia acordo ca modalidade elixida.

BRUNO VILLAMOR GAY

Realiza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, onde acada o título de Grao Medio Logse na especialidade de Gaita. Na actualidade cursa estudos de Grao Superior na especialidade de Instrumentos de Música Tradicional e Popular no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

JUAN BARCÓN PEÑA

Realiza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e posteriormente no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, onde acada o título de Grao Medio Logse na especialidade de Gaita. Na actualidade cursa estudos de Grao Superior na especialidade de Instrumentos de Música Tradicional e Popular no Conservatorio Superior de Música de Vigo.