Ide afinando as gaitas ... concurso de Ortigueira
Mércores, 15 Febreiro 2006 12:14
O concurso celebrarase o vindeiro sábado día 13 de MAIO de 2006, ás 17,00 horas no “ TEATRO DA BENEFICENCIA , en Sta, Marta de Ortigueira , A Coruña.Os grupos participantes deberán presentarse unha hora antes do concurso na Carpa da festa para facer un pequeno desfile ata o lugar do concurso.
Haberá unha única categoría para maiores de 15 anos, ou ben, que como moito un dos componentes do grupo sexa menor de esa idade.
Os premios serán os seguintes:
1º premio: 600€ e diploma.
2º premio: 300 € e diploma.
3º premio: 150 € e diploma.
Tódolos grupos participantes que non reciban premio recibirán un agasallo.
A data tope de inscripción será o sábado día 29 de abril.
Mais información.
BASES
1. Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos; queda
prohibido que os participantes concursen con máis dun grupo. Só se aceptarán a
concurso cuartetos ou quintetos, e decir, catro ou cinco componentes con gaitas,
tamboril e bombo; quedando excluidos na percusión os instrumentos con
materiais sintéticos .
2. Este concurso será aberto, sin cota de inscripción.
3. Será obligatorio o uso do traxe tradicional, co que os participantes deben
permanecer ata o remate, momento no que se entregará un agasallo ós
participantes, xa que os premios serán entregados ao comezo do festival Folk que
terá lugar na carpa despois da cea.
4. A actuación dos grupos consistirá en 8 minutos de tempo para actuación libre,
que poderá estar composto por pezas tradicionais ou de autor. Sobrepasar os 8
minutos de actuación será motivo de penalización.
5. A orde de actuación será en relación inversa á orde de inscripción, é dicir, que os
últimos en inscribirse serán os primeiros en actuar.
6. O xurado será seleccionado pola organización e o seu fallo será inapelavel. Tamén
poderá descalificar a calquera grupo que non se ateña as bases do concurso.
Valorará a Interpretación, afinación, percusión e estética asi como a dificultade
das pezas a interpretar, recursos interpretativos, compenetración dos
componentes, etc.
7. Só entrarán en concurso 10 agrupacións, ás que se lles pagara a kilometraxe e
invitará á cea dese día. Os interesados deberán mandar as partituras das pezas
elexidas e a grabacion dunha delas. O xurado será o encargado de seleccionar a estos
dez grupos participantes en base a grabacion e as partituras.
8. A data tope de inscripción será o sábado día 29 de abril. A folla de inscripción
xunto co currículum do grupo deberán dirixirse á seguinte dirección:
Asociación Cultural “ Escola de gaitas de Ortigueira”
Apdo de correos, nº30
15330 – Ortigueira (A Coruña)
Os grupos que resulten elegidos para participar no concurso comunicará-se-lle
por teléfono a sua participación.
Para calquera consulta poden chamar ós seguinte números de teléfono:
RODRIGO – 661467150 JUAN – 981408047 // 660299606
Aproveitamos a ocasión para saudarvos e invitarvos a todos a pasar o día 13 na nosa vila
de Ortigueira disfrutando tanto do concurso como do festival Folk que faremos pola
noite para alargar o día da nosa música.
Recortar ou fotocopiar………….…………………………………………………………………………
FOLLA DE INSCRIPCIÓN
II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “ESCOLA DE GAITAS”
Cuartetos ou quintetos
NOME DO GRUPO: _____________________________________________________________
DIRECCIÓN: ____________________________________________________________________
Nº DE PARTICIPANTES: _______________________________________________________
NOME DA/S PEZA/S: ___________________________________________________________
____________________________________________________________
_____________________________________________
NOME DOS COMPOÑENTES E INSTRUMENTO QUE TOCAN:
GAITA___________________________________________________________________________
GAITA___________________________________________________________________________
GAITA___________________________________________________________________________
TAMBORIL______________________________________________________________________
BOMBO__________________________________________________________________________
TELÉFONO DE CONTACTO: _________________________________________________
ESTA INSCRIPCIÓN IMPLICA O ACEPTAR TÓDALAS BASES DO CONCURSO.