Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Curso de Conservación de Rexistros Sonoros

Curso de Conservación de Rexistros Sonoros

Cursos

9 e 10 de xuño de 2011

O Consello da Cultura Galega, a través do programa Arquivo Sonoro de Galicia, e en colaboración con AEDOM, quere contribuír á clarificación e á estandarización nos procesos de dixitalización e preservación do noso patrimonio sonoro. Dende os anos 90 os arquivos de audio, en concreto, veñen experimentando un constante e acelerado proceso de obsolescencia que obriga a unha permanente migración dun sistema a outro. Esta situación, o paso dos sistemas analóxicos ós dixitais, provoca unha permanente busca do sistema de preservación definitivo e afecta, dunha forma total, na propia catalogación e clasificación dos materiais sonoros.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo) Neste curso proponse unha primeira sesión dedicada á xestión e á organización dos arquivos sonoros e unha segunda sesión onde se explican as últimas técnicas de conservación de audio, seguindo as últimas normas da IASA (International Association of Sound and Audiovisual Archives). O Arquivo Sonoro de Galicia quere, deste modo, axudar a unificar prácticas e a consolidar estándares internacionais que nos han de facilitar o intercambio e a complementaridade das tarefas arquivísticas que debemos facer entre todos para atesourar a nosa memoria sonora.

ORGANIZA
Consello da Cultura Galega
Arquivo Sonoro de Galicia

COLABORA
Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM)

DIRIXIDO A

Xestores de coleccións sonoras, técnicos de arquivos, bibliotecas e museos con fondos sonoros; técnicos de son; coleccionistas

DATA
9 e 10 de xuño de 2011

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
Santiago de Compostela

PROGRAMA
Aquí pode descargar o programa en PDF

INSCRICIÓN
Pode realizar a inscrición aquí

http://consellodacultura.org