Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Verán Folque de Poio

Verán Folque de Poio

Cursos

Aberta a inscripción para o campamento urbano

O Centro Galego de Música Popular aCental Folque e o Concello de Poio asociáronse un ano máis para levar a cabo o programa Verán Folque no municipio. É unha iniciativa dirixida aos nenos e que oferta clases e actividades lúdicas relacionadas coa música popular galega. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo a no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, de luns a venres (de 10 a 13.30 horas). Os destinatarios son os nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) e o prezo é de 20 euros. A inscrición está aberta no Concello.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)
Os interesados en participar deben inscribirse antes do 15 de xuño no Concello ou a través do correo electrónico da Concellería de Cultura  (Praza do Mosteiro 1, Convento de San Xoan 36995; 986 770 001-986 770 038; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

A iniciativa está coordinada pola especialista Gema Pérez e conta cun equipo docente formado por artistas entre os que figuran Marcelo González, Xurxo Troncoso, Pepa Yáñez e José Manuel Díaz. Os obxectivos da actividade son potenciar a capacidade creativa dos nenos e achegalos á música popular a través de xogos e actividades lúdicas. O ano pasado, Verán Folque desenvolveuse en Chancelas e contou con trece alumnos.