Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos / Técnicas de Interpretación de Música Tradicional en Xove

Técnicas de Interpretación de Música Tradicional en Xove

Cursos

A Asociación Cultural Saíñas, coa colaboración do Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza en Xove, Lugo, a primeira edición destas xornadas que terán lugar as primeiras fins de semana dos meses de febreiro, marzo e abril.




Abrirá o ciclo Daniel Bellón impartindo o seu seminario sobre técnica de gaita (4 e 5 de febreiro). Xaquín Xesteira, “Xocas”, tomará o relevo en marzo nun seminario no que se abordarán polo miúdo aspectos técnicos da interpretación dos instrumentos de percusión en Galiza. Os cursos pecharanse en abril, con Sonia Lebedinsky, quen abordará os xeitos tradicionais de interpretación do canto e a pandeireta en Galiza.

Mais información.
O número de prazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptándose inscricións ata completar o total. Estas poderán formalizarse no número de teléfono 686 072 260 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .