Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos / A escola compostelá Estudio comezará en febreiro un curso de técnico de son

A escola compostelá Estudio comezará en febreiro un curso de técnico de son

Cursos

Estudio, escola de música ofrecerá a partir do próximo mes de febreiro unha novidosa e completa oferta formativa. Trátase do “Curso de Técnico de Son”, que introducirá aos alumnos na produción, a sonorización en directo e a gravación de discos e que será impartido polo uruguaio Pablo Calleriza, quen conta con máis de 27 años de experiencia na materia.

Mais información.
O curso, que xa abriu o prazo de matrícula, terá unha duración de 60 horas, durante as que os asistentes poderán profundizar de maneira teórica e, fundamentalmente práctica, nos conceptos relacionados có son en directo e en estudio. Aspectos vencellados coa microfonía, os equipos de audio, as mesas de mestura, os efectos sonoros, os equipos de directo e de gravación, a post-producción e a producción artística e executiva serán algúns dos moitos terreos que conseguirán dominar os alumnos ao finalizar o curso.
O uruguaio Pablo Calleriza, con experiencia como músico, productor, arreglista, compositor e técnico de son, será o encargado de impartir o curso que Estudio porá en marcha en febreiro. Ao longo da súa extensa y dilatada carreira profesional, Calleriza ten traballado para grupos e artistas tan coñecidos como Los Limones, Ana Kiro, Teté Delgado, Orquesta París, María do Ceo, Juan Pardo, Paloma San Basilio, Joan Manuel Serrat, Xosé Manuel Budiño e Carlos Núñez, entre outros. Tamén realizou numerosos programas para a TVG e TVE en Galiza.
Para máis información e formalización de matrículas podedes contactar con Estudio, escola de música, rúa Neira de Mosquera, 7, 15702 Santiago, Telf: 981-561895 / Fax: 981-587747, http://www.escola-estudio.com, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo