Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Grande éxito do II Seminario de Percusión Tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide

Grande éxito do II Seminario de Percusión Tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide

AGG

Numerosos asistentes participaron no "II Seminario de Percusión Tradicional" organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, dentro da programación de actividades da Foliada de Melide. Este seminario naceu fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Da man de Francisco Estévez "Chuco" e de Roi Adrio, que foron os encargados de conducir o seminario nesta edición, os asistentes puideron afondar un pouquiño máis neste aspecto da tradición galega e practicar cos diferentes e moi variados instrumentos de percusión.