Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Seminario de Percusión en Melide

Seminario de Percusión en Melide

Cursos

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG como ven sendo habitual, organiza coincidindo coa foliada de Melide, un seminario que nesta edición versará sobre a percusión tradicional.

A música tradicional galega é moi rica en instrumentos de percusión (pandeireta, pandeiro, bombo, culleres…) que dan ritmo as cancións e que son algo básico dentro da nosa música.

Estes instrumentos teñen a súa propia partitura e melodía que complementa á principal, polo que desenvolven un papel fundamental no campo da música tradicional galega.

A través deste Seminario de Percusión, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música, contando para isto con dous especialistas de primeira orde como son Francisco Estévez ‘Chuco’ que será o engargado de conducir as 11 da mañá un relatorio e Roi Adrio que as 5 da tarde conducirá a sesión práctica.

Prégase aos participantes que para a sesión práctica aporten os seus instrumentons.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

Para formalizar a inscripción  hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Rúa Alfonso XIII 7, oficina 8, 36002 Pontevedra; ou por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

O prazo de inscrición rematará o 28 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.