XXIX Curso de Cultura Tradicional de Cántigas e Frores
Xoves, 14 Abril 2011 09:40
A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo ten aberto o prazo para a inscrición no XXIX CURSO DE CULTURA TRADICIONAL que terá lugar os días 21, 22 e 23 de abril de 2011 na cidade de Lugo.
(Prema no título para ver a nova ao completo) O curso contará coas seguintes ESPECIALIDADES
1. Técnicas de gaita – Daniel Bellón
2. Técnicas de canto e pandeireta – Xabier Díaz
3. Técnicas de baile tradicional – Francisco J. Feijoo (Chisco)
4. Técnicas de percusión tradicional – Miguel Anxo López (Chino)
5. Técnicas de zanfona – Germán Díaz
Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade.
Para as especialidades 1, 2, 4 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais
PREZO DA MATRÍCULA
30 €, agás 20 € para os socios/as da Asoc. Cult. “Cántigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos.
PAGAMENTO NA CONTA:
NOVACAIXAGALICIA
2091 0152 29 3040026419
Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso
INSCRICIÓNS
DATOS NECESARIOS: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.
CÓMPRE ADXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO
As inscricións pódense enviar a :
FAX: 982 22 99 66
EMAIL: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE
PROGRAMA
XOVES 21
09:30 a 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
VENRES 22
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
SABADO 23
10:00 a 11:30 OBRADOIRO DE BAILES
AGARRADOS (XABIER IGLESIAS)
12:00 a 13:30 OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS VEXETAIS (PABLO CARPINTERO)
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA,
ENTREGA DE DIPLOMAS E FOLIADA
COORDINADORA
MÓNICA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
MESTRES
1. TÉCNICAS DE GAITA
DANIEL BELLÓN
Mestre de Gaita na Escola de Música Progreso Musical en Madrid. Funda xunto a Diego Maceiras a escola de música BellónMaceiras. É membro do cuarteto tradicional Luvas Verdes e DO grupo BellónMaceiras. Foi nomeado “Gaiteiro Maior de Fene”.
2. TÉCNICAS DE CANTO E PANDEIRETA
XABIER DÍAZ
Compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. É cantante da compañía Nova Galega de Danza. E MEMBRO Do grupo Berrogüetto.
3. TÉCNICAS DE BAILE TRADICIONAL
FRANCISCO J. FEIJOO “CHISCO”
Mestre de Canto Popular na e-Trad. Membro do equipo de dirección artística de “O Fiadeiro” de Vigo. Mestre de sección da Orquestra Folk SonDeSeu. Vocalista e bailador, colaborador de grupos como Lizgairo, Xose Manuel Budiño e Pepe Vaamonde.
4. TÉCNICAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL
MIGUEL A. LÓPEZ BUJÁN “CHINO” Imparte clases de percusión en diversas escolas e asociacións da provincia de Lugo. Realizou como mestre, seminarios de percusión tradicional EN Bruxelas E EN Bonn. é percusionista de Pepe Vaamonde Grupo, asi como do cuarteto Pinho do Mal Tempo.
5. TÉCNICAS DE ZANFONA
GERMÁN DÍAZ
Actualmente forma parte de numerosos proXectos -Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo... FOI galardoado co premio “Racimo de Oro dE LA música” pOLA SÚA laboUrA de recopilación E difusión da música tradicional.