Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Seminario de Percusión (Melide)

Seminario de Percusión (Melide)

Cursos

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG como ven sendo habitual, organiza coincidindo coa Foliada de Melide, o 30 de abril, un seminario que nesta ocasión versará sobre a Percusión Tradicional.

O obxectivo destas xornadas é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e intentar acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación.

En breve informaremos de horarios e mestres.

O prazo de inscrición rematará o 28 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes. A matrícula é de valde.